Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
14Marzo2026Rueda enxalza o labor das comunidades galegas no exterior como as mellores embaixadoras do selo Galicia Calidade na diáspora audio O presidente da Xunta participa no encontro coa colectividade de Zúrich-Galicia Calidade. Felicita á asociación As Xeitosiñas polo seu 45 aniversario, destacando o compromiso da colectividade por manter viva a identidade galega a miles de quilómetros. Lembra que o Goberno galego mantén os brazos abertos para quen desexe volver a través da Estratexia Galicia Retorna, con medidas destacadas como bolsas BEME. O Goberno galego abrirá proximamente o... Máis información
-
14Marzo2026Miranda: “Os centros galegos son a mellor mostra de que a identidade de Galicia segue viva en cada recuncho do mundo” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Galego de Rosario, onde mantivo un encontro coa directiva da entidade e con membros da colectividade galega asentada nesta cidade arxentina. Durante a visita estivo acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, nunha xornada que permitiu coñecer de primeira man a actividade cultural e social que desenvolve esta institución... Máis información
-
14Marzo2026Miranda: “A música galega é unha linguaxe universal que conecta ás novas xeracións coa historia da nosa emigración” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Rosario ao concerto do grupo galego Luar na Lubre, celebrado no marco da xira internacional coa que a banda conmemora o seu 40 aniversario e que está levando a música galega a distintos países de América. No evento tamén participou o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, xunto a numerosos membros da colectividade galega da cidade. Durante a... Máis información
-
13Marzo2026Miranda: "A cultura e a música galega seguen a ser un dos lazos máis fortes que unen a Galicia coa súa diáspora” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Bos Aires ao concerto do grupo galego Luar na Lubre, celebrado no marco da xira internacional coa que a banda conmemora o seu 40 aniversario. No evento tamén participou o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, nunha cita que reuniu a numerosos membros da colectividade galega e española na capital arxentina. Durante o concerto, Miranda destacou... Máis información
-
13Marzo2026A Xunta destaca a exposición ‘Emigrantas. Emerxer do silencio’ como homenaxe ás mulleres da diáspora audio A Xunta destaca a exposición ‘Emigrantas. Emerxer do silencio’ como homenaxe ás mulleres da diáspora. A través de distintos materiais, a exposición recupera e visibiliza as historias da emigración das mulleres galegas, percorrendo as súas diferentes formas de partir, vivir, traballar, resistir e regresar e poñendo o foco nas experiencias cotiás e colectivas. A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou... Máis información
-
12Marzo2026Miranda: “A colaboración institucional é clave para seguir impulsando a presenza da cultura galega e española no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Bos Aires unha reunión de traballo co conselleiro cultural da Embaixada de España en Arxentina, Roberto Varela, co obxectivo de explorar novas vías de colaboración para reforzar a programación de actividades culturais vinculadas a Galicia e á colectividade española no país. No encontro abordáronse posibles iniciativas conxuntas que permitan ampliar a difusión da cultura... Máis información
-
12Marzo2026Miranda: “A música galega é unha das mellores pontes para manter viva a nosa identidade entre as novas xeracións da colectividade” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Centro Español de Bos Aires, xunto ó Delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, nun encontro coa colectividade cultural galega con motivo da visita do grupo Luar na Lubre, que continúa a súa xira internacional coincidindo co seu 40 aniversario. No acto tamén estivo presente o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, nunha xornada que reuniu... Máis información
-
11Marzo2026Miranda: “A memoria da emigración é tamén a historia do esforzo e da contribución dos galegos á construción simultánea da súa terra de países como Brasil” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao estreno do documental “Los Inmigrantes” dedicado á historia da emigración española en Brasil e ao legado da colectividade galega asentada na cidade de Santos, unha das principais portas de entrada da inmigración europea en América Latina entre finais do século XIX e comezos do século XX. A proxección puxo en valor a historia de miles de homes e mulleres que cruzaron o... Máis información
-
09Marzo2026Emigración mantén unha reunión de traballo para informar ás entidades galegas do exterior sobre as axudas para o funcionamento e actividades culturais e para o apoio infraestrutural deste ano audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo xunto a subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, unha reunión de traballo cos membros das entidades galegas de España, Europa e América para informarlles sobre dúas das liñas de axudas que este departamento ten en marcha para as entidades galegas do exterior, a destinada a gastos de funcionamento e proxectos culturais e a que ten como... Máis información
-
06Marzo2026Xa está aberto o prazo de inscrición no Programa MERLO audio Se es galego ou galega retornado e estás pensando en emprender en Galicia, este programa pode axudarche a converter a túa idea nun proxecto sólido. O Programa MERLO, impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Ronsel, ofrece mentoría personalizada e acompañamento profesional para apoiar a posta en marcha e consolidación de iniciativas empresariais lideradas por persoas retornadas. Nos últimos anos,... Máis información
Páxinas |









