Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
19Decembro2025Miranda e o director do Centro Dramático Galego avanzan novas vías para levar o teatro galego ao exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, no que analizaron novas liñas de colaboración para seguir achegando as artes escénicas producidas en Galicia aos galegos e galegas residentes no exterior. Esta reunión enmárcase nunha relación de cooperación estable entre ambas institucións, que nos últimos anos permitiu impulsar distintas iniciativas... Máis información
-
18Decembro2025A Secretaría Xeral da Emigración únese á conmemoración do Día Internacional da Persoa Migrante audio A historia de Galicia é a historia dun pobo que viviu durante séculos intensos procesos migratorios que seguen a deixar pegada na nosa sociedade. Se o século XX foi de emigración, este século XXI está a ser do retorno. Por iso, Galicia é pioneira en políticas para a integración de todas e todos os que queren facer da nosa terra o seu fogar. Seguiremos a traballar para estar ao carón de todos os galegos e galegas, tanto que vivan aquí como que... Máis información
-
15Decembro2025Miranda destaca en Lugo o impacto das políticas de Retorno da Xunta, con máis de 3,5 millóns de euros investidos na provincia desde 2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto ‘Interculturidade e inclusión. Políticas de Retorno en Lei de Extranxeiría’. Alí destacou que en 2024 retornaron 914 galegos á provincia de Lugo, consolidando así a tendencia á alza dos últimos anos. As axudas extraordinarias ao retorno en Lugo superan os 412.000 euros en 2025, beneficiando 133... Máis información
-
14Decembro2025A Xunta reafirma en Vigo o seu apoio aos galegos retornados de Venezuela e tamén aos venezolanos que están escollendo Galicia como lugar de calidade para vivir audio O secretario xeral da Emigración aproveitou para trasladar desde Galicia unha felicitación con agarimo, nestes tempos de Nadal aos nosos galegos que están en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo onte un encontro coa "Asociación Amigos de Venezuela Vigo" no que a Xunta de Galicia reafirmou o seu compromiso de apoio ás persoas galegas que retornaron desde Venezuela, así como aos cidadáns venezolanos que... Máis información
-
12Decembro2025A Xunta amplía un 30 % o orzamento das axudas de 2025 para impulsar o autoemprego das persoas retornadas audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este aumento ata os 1,3 M€ no marco dunha convocatoria á que se presentaron preto de 200 solicitudes este ano. Desde o seu arranque, apoiáronse máis de mil proxectos con preto de 7 millóns de euros en beneficio de persoas cunha media de 41 anos de idade. Trátase dunha das principais ferramentas do Goberno autonómico para favorecer a inserción laboral das persoas retornadas no marco da Estratexia Galicia... Máis información
-
11Decembro2025Galicia consolida as cifras récord de retorno con preto de 8.500 persoas audio Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o saldo migratorio positivo de Galicia alcanza novamente cifras récord en 2024, con 30.325 persoas. O 85% dos retornados teñen menos de 65 anos e o 57% menos de 45. A Xunta de Galicia pon en valor que estes datos reflicten a eficacia das políticas de retorno da Xunta e evidencian que os galegos do exterior ven na Comunidade un lugar axeitado para o seu proxecto de vida o que provoca tamén un... Máis información
-
11Decembro2025A Xunta destaca que Galicia consolida as cifras históricas de retorno con preto de 8.500 galegos e galegas que regresaron en 2024 á súa terra de orixe audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou en Santiago nun encontro con emprendedores retornados beneficiarios do programa Merlo. Segundo a Estatística de Migracións e Cambios de Residencia de 2024, publicada hoxe, Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de 30.325 persoas (27.730 procedentes do estranxeiro), das que preto de 8.500 son galegos da diáspora. Dos retornados o ano pasado, o 85% teñen menos de... Máis información
-
10Decembro2025A Xunta urxe ao Goberno Central un calendario para a vía específica de homologación de títulos dirixida a bolseiros BEME e coordinación para casos prioritarios audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, acompañado polo secretario xeral da Emigración, reuniuse hoxe en Madrid co secretario xeral de Universidades. José González insistiu na necesidade dun procedemento áxil de homologación —coordinado entre a Xunta, as universidades e o Ministerio— para os beneficiarios das BEME, que xa se reclamara por carta o pasado outubro en liña co que recomenda a UE. Sinalando que a homologación de títulos pode... Máis información
-
09Decembro2025A Xunta acadará os 2.000 mozos e mozas retornados coas BEME a través dunha nova convocatoria na que prioriza a inserción laboral e urxe a homologación de títulos audio O Consello do Goberno galego aprobou a 10ª edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), con 2,55 M€ para que 250 galegos e galegas do exterior poidan estudar case cen mestrados nas universidades públicas galegas no 2026/2027. Englobada na Estratexia Galicia Retorna, esta acción é chave no plan de captación de talento pola alta cualificación dos bolseiros, a súa diversidade —máis de 40 países— e xuventude —29 anos— e a vontade da gran... Máis información
-
09Decembro2025A Xunta convoca unha nova edición do Programa Retorna Talento FP na que aposta pola modalidade dual e reforza os beneficios para o alumnado audio Convocaranse 120 novas prazas para cursar ata seis ciclos distintos de grao medio e superior na modalidade de FP Dual Intensiva. Tamén, por primeira vez, poderán cursar a titulación de alta especialización de Automoción en Vehículos de competición, exclusiva de Galicia. Farano con bolsas de 15.000 €, un 25 % máis, coas que poderán cubrir gastos de viaxe, aloxamento e manutención en Galicia. Un total de 152 persoas participaron nesta iniciativa... Máis información
Páxinas |









