Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Maio2022Miranda recibe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid pola súa traxectoria á fronte da institución autonómica. Posteriormente, o secretario xeral puido desfrutar da actuación da banda coa que conta esta agrupación, Lume de Biqueira, no distrito da Latina da capital de España. Cabe destacar que Lume de Biqueira naceu co obxectivo de ensinar e... Máis información
-
27Maio2022O especial “Historias de ida e volta” de maio achega a literatura galega da posguerra en América audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de maio do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, na... Máis información
-
26Maio2022Miranda asiste á presentación do libro “El método Avión” que explica as claves do éxito das e dos galegos residentes en México audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe na Casa de Galicia en Madrid á presentación do libro El método Avión, de Alberto Dacasa, que explica as claves do éxito das e dos galegos que emigraron a México e puxeron en marcha importantes empresas no país azteca. Neste libro, móstrase como as e os galegos utilizan o esforzo, o traballo, o espírito gañador, o tesón, a humildade e o non renderse nunca como elementos... Máis información
-
25Maio2022A Xunta amplía ata os 10,2M€ o orzamento dos programas integrados de emprego para persoas desempregadas, aos que poden sumarse as e os galegos retornados audio A Xunta acaba de abrir a nova convocatoria desta iniciativa plurianual que incrementa nun 2% a partida para os anos 2022 e 2023. As axudas están dirixidas a entidades locais e organizacións sen ánimo de lucro que se estima que porán en marcha 41 plans. Cada programa integrado de emprego contará con 100 participantes das e dos que un 35%, como mínimo, deberán atopar un traballo ao remate da actividade. A Xunta reforzará na convocatoria 2022-2023... Máis información
-
24Maio2022Emigración firma un acordo de colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia co fin de facilitar a integración das e dos bolseiros BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozas e mozos retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior. Con este acordo preténdese facilitar a integración laboral e social das e dos bolseiros BEME e... Máis información
-
23Maio2022Miranda e o presidente da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa avanzan na colaboración para potenciar o contacto coas e cos galegos máis novos afincados na capital de Portugal audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro telemático con Jesús Bescos Sinde, presidente da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa, co obxectivo de avanzar na colaboración que permita potenciar o contacto coas galegas e galegos máis novos afincados na capital de Portugal. Durante a reunión, Rodríguez Miranda e Bescos Sinde analizaron as necesidades da asociación e das e dos... Máis información
-
21Maio2022Miranda e López Dobarro, xunto ao director do CDG, asisten ao espectáculo Continente María audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, xunto ao director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, asistiron ao espectáculo Continente María que se vén desenvolvendo no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe recupera e homenaxea a figura de María Casares, achegándoa ao público á vez que utiliza a súa figura para falar da propia condición das e... Máis información
-
20Maio2022Miranda e López Dobarro avalían co cónsul xeral do Uruguai en Santiago de Compostela a situación da colectividade galega nese país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta de Galicia no Uruguai, Alejandro López Dobarro, mantiveron un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, con quen analizaron a situación da colectividade galega neste país do Río da Prata. Durante a reunión que tivo lugar no Consulado Xeral na cidade de Santiago de Compostela, ademais de tratar asuntos dos galegos e galegas... Máis información
-
19Maio2022Miranda e López Dobarro manteñen unha reunión co cónsul de Arxentina en Vigo para seguir a fortalecer o traballo a prol do retorno das e dos galegos residentes naquel país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantiveron esta mañá un encontro co novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, co obxectivo de continuar a fortalecer o traballo a prol do retorno dos galegos e galegas residentes no país do Cono Sur. O cónsul asumiu recentemente este cargo relevando a Silvina Montenegro, quen estivo cinco anos... Máis información
-
18Maio2022A Xunta convoca hoxe as Unidades Formativas en Empresas coas que prevé 560 accións para a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria de axudas cun importe de 14 millóns de euros. As empresas beneficiarias destes apoios asumen o compromiso de contratar con carácter indefinido e prioritariamente a tempo completo ao 40% das persoas participantes. As axudas para os anos 22 e 23 destinarán a metade do orzamento, 7M€, a impulsar a contratación de mulleres en sectores nos que están infrarrepresentadas. A Xunta priorizará a... Máis información
Páxinas |