Percusión tradicional - Aula GaliciaAberta
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza o curso en liña de Percusión tradicional, co obxectivo de promover a cultura galega na Galicia do exterior.
Destinatarios/as - Participantes:
- Todas as persoas interesadas no folclore tradicional galego, con ou sen coñecementos previos
- É de carácter gratuíto e non precisa inscrición
Datas e horarios das clases: os martes, do 28 de abril ao 30 de xuño de 2020, ás 20:00 h.
Profesor: Alexandre Fernández Castro
Programa: picar aquí para descargar
Emisión das clases: a través de Facebook Live
Estrutura das sesións:
- 20:00 - 21:00 h - O mestre impartirá as clases a través do Facebook Live de GaliciaAberta, onde os/as interesados/as poden deixar as súas preguntas relacionadas co desenvolvemento do curso.
- 21:00 - 22:00 h - O mestre responderá as peticións do alumnado formuladas no muro do Facebook Live.
Materiais para a preparación das clases:
- Clase 1 (28.04.2020): Exercicios de quentamento | Iniciación a ritmo de xota (nivel 1)
- Clase 2 (05.05.2020): Exercicios de tambor - Pasodobre (nivel 1) | Exercicios de tambor - Xota (nivel 2) | Iniciación ao redobre (aberto e pechado)
- Clase 3 (12.05.2020): Exercicios de tambor - Pasodobre (nivel 2) | Exercicios técnicos de acentos | Redobre aplicado a marchas e alboradas
- Clase 4 (19.05.2020): Exercicios de tambor - Muiñeira (nivel 1) | Exercicios técnicos de mordentes | Xota e pasodobre con tresillos (nivel 3)
- Clase 5 (26.05.2020): Exercicios de tambor - Muiñeira (nivel 2) | Exercicios técnicos de figuras irregulares
- Clase 6 (02.06.2020): Exercicios de tambor - Muiñeira (nivel 3) | Nomenclatura para bombo | Ritmo de bombo - Xota
- Clase 7 (09.06.2020): Exercicios técnicos de tambor - Polca (nivel 1) | Exercicios técnicos de golpes presión, aros e entre baquetas
- Clase 8 (16.06.2020): Exercicios de tambor - Polca (nivel 2) | Exercicios de tambor - Rumba (nivel 1) | Ritmo de bombo - Pasodobre
- Clase 9 (23.06.2020): Exercicios de tambor - Mazurca (nivel 1) | Exercicios de tambor - Rumba (nivel 2) | Ritmo de bombo - Muiñeira
- Clase 10 (30.06.2020): Exercicios de tambor - Mazurca (nivel 2) | Ritmo de bombo - Mazurca | Ritmo de bombo - Rumba
- Clase 11 (07.07.2020): Muiñeira de Quiroga - Bombo e tambor | Muiñeira de Quiroga - Gaita, bombo e tambor
- Clase 12 (14.07.2020): Pasodobre Andadeiro - Tambor e bombo | Pasodobre Andadeiro - Gaita e percusión
- Clase 13 (21.07.2020): Xota da Guía - Percusión | Xota da Guía - Gaitas e percusión
- Clase 14 (28.07.2020): Michuca - Percusión | Michuca - Gaitas e percusión
Máis info: emigracion.xunta.gal | Facebook | Twitter | Instagram | YouTube | Correo-e: aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal

Evento:
Curso
Organiza:
Secretaría Xeral da Emigración
Data:
28.04.2020
05.05.2020
12.05.2020
19.05.2020
26.05.2020
02.06.2020
09.06.2020
16.06.2020
23.06.2020
30.06.2020
07.07.2020
14.07.2020
21.07.2020
28.07.2020
Hora:
20:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: