Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
13Agosto2026Miranda reafirma o apoio da Xunta á nova etapa do Centro Galego do Perú audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Paola Chávez, secretaria do Centro Galego do Perú, para coñecer a evolución da entidade e continuar avanzando nas vías de colaboración coa Xunta de Galicia. Durante a reunión analizáronse as iniciativas que o Centro está a impulsar para consolidar a súa actividade cultural e social, así como novas propostas orientadas a fortalecer a presenza da... Máis información
-
12Agosto2026A Xunta salienta o papel dos Premios Alecrín na divulgación da galeguidade e no reforzo dos lazos coa colectividade galega en Cataluña audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto de entrega dos Premios Alecrín, impulsados pola Federación de Entidades Galegas de Cataluña, Fegalcat. José González felicita ás persoas e entidades recoñecidas, vinculadas a ámbitos como a música, as artes, a innovación, a comunicación, a promoción da lingua e da cultura, o deporte, a gastronomía ou a emigración. Recoñece o labor de Fegalcat, unha entidade fundada en 1987 para... Máis información
-
11Agosto2026A Xunta impulsa a décima convocatoria das bolsas BEME consolidando un programa de referencia para o retorno de 250 novos mozos do exterior que no próximo curso realizarán mestrados nas universidades galegas audio As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior -BEME-, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, están destinadas a cubrir gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención durante o período académico en Galicia. En canto á distribución das persoas beneficiarias por universidades, 111 estudantes realizarán os seus mestrados na Universidade de Vigo, 95 na Universidade de Santiago de Compostela e 43 na Universidade da... Máis información
-
08Agosto2026José González asiste á Festa Mexicana de Avión audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu á XX edición da Festa Mexicana de Avión. Máis información
-
06Agosto2026Miranda destaca o papel de Toxos e Xestas como embaixadores da cultura galega en Cataluña cando a agrupación se achega ao seu 50 aniversario audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo cos responsables da Agrupación Cultural Amigos da Gaita Toxos e Xestas, para coñecer os proxectos da entidade e avanzar na preparación dos actos do seu 50 aniversario, que se conmemorará o vindeiro ano. Durante a reunión, Miranda puxo en valor a traxectoria dunha agrupación que, ao longo de case cinco décadas, contribuíu de maneira decisiva á... Máis información
-
05Agosto2026Miranda reafirma o apoio da Xunta ao Galicia Esporte Clube audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente do Galicia Esporte Clube, Manuel Muiños, no que reafirmou o compromiso da Xunta co labor que esta histórica entidade desenvolve na preservación da identidade galega en Salvador de Bahía. Durante a audiencia, ambos analizaron novas vías de colaboración para seguir fortalecendo os vínculos entre Galicia e Brasil a través da cultura, o deporte e a... Máis información
-
05Agosto2026A Xunta de Galicia lanza as axudas específicas ás persoas galegas residentes en Venezuela afectadas polos terremotos de xuño audio O DOG publica hoxe a convocatoria destes apoios extraordinarios destinados a axudar a sufragar gastos para paliar a necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual dos galegos no país caribeño. O crédito inicial destinado a esta liña é de 500.000 euros -cantidade que poderá ampliarse en caso necesario- e as solicitudes poderán presentarse desde mañá ata o 1 de decembro de 2026 e para... Máis información
-
03Agosto2026Rueda destaca o apoio de 2,5 M€ da Xunta á comunidade galega en Venezuela, con partidas específicas para ás persoas afectadas polo terremoto de xuño audio O Consello analizou hoxe un informe sobre esta liña de achegas extraordinaria, que publicará este mércores o DOG, e sobre outros apoios da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aos que teñen acceso as persoas galegas no país caribeño. “Mantivemos dende o primeiro momento un contacto moi intenso cos galegos en Venezuela a través das irmandades e das entidades da e, froito desas conversas, lanzamos esa liña extraordinaria de axudas para... Máis información
-
02Agosto2026A delegada da Xunta en Uruguai destaca a fortaleza da galeguidade na celebración do Día de Galicia en Montevideo audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nos actos organizados con motivo do Día de Galicia e da festividade de Santiago Apóstolo, celebrados na Praza Galicia de Montevideo. A xornada reuniu representantes institucionais e da colectividade galega nunha homenaxe á identidade e ás raíces de Galicia, que incluíu a interpretación dos himnos de Uruguai, España e Galicia, unha ofrenda floral diante do monumento a Rosalía de Castro... Máis información
-
01Agosto2026José González asiste no Carballiño á xornada musical organizada no marco da celebración do Día da Emigración audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu esta tarde á xornada musical organizada no marco da celebración do Día da Emigración. Máis información
Páxinas |









