O delegado da Xunta de Galicia en Arxentina reforza os vínculos co tecido empresarial galego no país para impulsar novas vías de colaboración

Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta en Arxentina, con representantes da empresa Cinco Hispanos, durante o encontro de traballo celebrado en Bos Aires.
Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta en Arxentina, con representantes da empresa Cinco Hispanos, durante o encontro de traballo celebrado en Bos Aires.
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 1 de agosto de 2026.

O delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro de traballo con Cándido López Sobrino, presidente da compañía Cinco Hispanos, empresa arxentina de alimentación con raíces galegas e máis de seis décadas de traxectoria no país. Na reunión, na que tamén participaron Elsa López e Guillermo Casanova, responsables de Asuntos Corporativos e Estratexia da compañía, abordáronse distintas oportunidades para reforzar a colaboración institucional e favorecer novas sinerxías que contribúan a estreitar os lazos económicos e culturais entre Galicia e Arxentina.

Durante o encontro, López Dobarro destacou que "para a Xunta de Galicia é un orgullo recibir empresas como Cinco Hispanos, que manteñen vivo o legado dos nosos emigrantes e continúan construíndo pontes entre Galicia e Arxentina". O delegado salientou ademais que este tipo de reunións permiten fortalecer a presenza institucional de Galicia no país e abrir novas vías de cooperación con empresas que representan o espírito emprendedor da colectividade galega. Pola súa banda, Cándido López Sobrino reafirmou o compromiso da compañía coas súas orixes galegas e expresou a vontade de impulsar iniciativas conxuntas coa Xunta que contribúan ao desenvolvemento da comunidade galega en Arxentina.

221 lecturas