Miranda: “O empresariado galego no exterior é clave para proxectar Galicia no mundo”

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos responsables da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), cos que abordou liñas de colaboración.

Miranda: “O empresariado galego no exterior é clave para proxectar Galicia no mundo”
Miranda: “O empresariado galego no exterior é clave para proxectar Galicia no mundo”
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 6 de setembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde en Montevideo un encontro institucional coa Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU), no marco da súa viaxe oficial ao país para reforzar os vínculos coa colectividade galega.

A reunión tivo lugar na sede da Delegación da Xunta de Galicia na capital uruguaia, onde Miranda estivo acompañado pola delegada da Xunta, Elvira Domínguez. Durante o encontro, abordáronse posibles vías de colaboración entre Galicia e o tecido empresarial galego asentado en Uruguai.

“O empresariado galego no exterior é clave para proxectar Galicia no mundo, e tamén para crear pontes de ida e volta que favorezan o retorno e a cooperación económica”, sinalou Miranda tras a reunión, destacando o papel activo da AEGU na dinamización da comunidade galega desde o ámbito empresarial.

O secretario xeral agradeceu o compromiso desta entidade, que leva anos apoiando a galeguidade desde unha perspectiva innovadora, xerando redes de apoio para profesionais e emprendedores galegos dentro e fóra do país.

605 lecturas