A Xunta celebra o Día de Galicia coa comunidade galega de Chile destacando o papel das entidades do exterior como garantes da preservación cultural

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, asistiu á ofrenda ao Apóstolo celebrada no Lar Gallego de Chile.

Puxo en valor que esta entidade leva máis de medio século sendo referente da galeguidade neste país, con iniciativas como escolas de baile, canto, gaita e percusión.

  • A Xunta celebra o Día de Galicia coa comunidade galega de Chile destacando o papel das entidades do exterior como garantes da preservación cultural
    A Xunta celebra o Día de Galicia coa comunidade galega de Chile destacando o papel das entidades do exterior como garantes da preservación cultural
  • A Xunta celebra o Día de Galicia coa comunidade galega de Chile destacando o papel das entidades do exterior como garantes da preservación cultural
    A Xunta celebra o Día de Galicia coa comunidade galega de Chile destacando o papel das entidades do exterior como garantes da preservación cultural
  • A Xunta celebra o Día de Galicia coa comunidade galega de Chile destacando o papel das entidades do exterior como garantes da preservación cultural
    A Xunta celebra o Día de Galicia coa comunidade galega de Chile destacando o papel das entidades do exterior como garantes da preservación cultural
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Chile (Chile), 27 de xullo de 2025.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou na tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago organizada polo Lar Gallego de Chile e nun encontro posterior coa colectividade na que participaron máis de 300 persoas.

Na súa intervención, expresou o seu recoñecemento ao labor que desde hai décadas desenvolve esta entidade na preservación e promoción da identidade galega en Chile. Valorou especialmente o compromiso da súa directiva, encabezada polo presidente Ricardo Andrés González Méndez, así como a implicación das persoas socias e colaboradoras, que manteñen viva a cultura galega a través da lingua, a música e as tradicións.

O delegado destacou que o Lar Gallego de Chile, fundado en 1967, leva máis de medio século sendo un referente da galeguidade neste país, con iniciativas como escolas de baile, canto, gaita e percusión. Subliñou que este tipo de entidades son piares fundamentais para a proxección internacional da cultura galega e para o fortalecemento dos vínculos entre Galicia e a súa diáspora, facendo fincapé así mesmo nos profundos lazos históricos entre Galicia e Chile.

394 lecturas