Miranda salienta, durante a súa visita á exposición “Suenan campanas. Galicia”, a importancia de divulgar fitos que amosan a forza da colectividade galega e o seu compromiso coa cultura e tradicións

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou está mañá acompañado polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, a exposición "Suenan campanas. Galicia", unha mostra fotográfica que conmemora o 25 aniversario do Proxecto Galego de Dotación de Campás á Catedral da Almudena. A exposición, que poderá visitarse ata o 30 de xullo na Casa de Galicia en Madrid, reúne máis dunha trintena de fotografías do lalinense Manolo Seixas, documentos e vídeos que permiten reconstruír o eco social e institucional que tivo este xesto colectivo da comunidade galega en Madrid, que contribuíu economicamente para dotar á catedral madrileña de campás fundidas na Casa dos Campaneiros de Arcos da Condesa, en Pontevedra.
Miranda salientou a importancia de preservar e divulgar fitos como este, que amosan a forza da colectividade galega fóra de Galicia e o seu compromiso coa cultura e tradicións do país. A exposición complétase con vídeos cedidos pola Televisión de Galicia e a Deputación de Pontevedra, con imaxes do proceso de elaboración das campás e dos actos de entrega celebrados hai 25 anos.
Novas relacionadas