Miranda: “As campás galegas da Almudena son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asiste aos actos do 25º aniversario da doazón dun conxunto de campás á Catedral da Almudena por parte da colectividade galega en Madrid.

As campás galegas da Almudena constitúen un exemplo da xenerosidade e do compromiso da colectividade galega coa súa terra de acollida, así como unha peza única do patrimonio relixioso e cultural da cidade de Madrid.

  • Miranda: “As campás galegas da Almudena son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”
    Miranda: “As campás galegas da Almudena son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”
  • Miranda: “As campás galegas da Almudena son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”
    Miranda: “As campás galegas da Almudena son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”
  • Miranda: “As campás galegas da Almudena son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”
    Miranda: “As campás galegas da Almudena son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid (Comunidade de Madrid), 3 de xullo de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acudiu hoxe en Madrid a un acto de posta en valor das coñecidas como campás galegas da Catedral da Almudena, un símbolo do legado e da presenza da comunidade galega na capital española.

As catro campás, fundidas en bronce pola histórica Casa Ocampo, levan gravados os nomes das advocacións marianas madrileñas: Santa María a Real da Almudena, Santa María da Paloma, Santa María de Atocha e Santa María da Flor de Lis. Desde a súa instalación, son coñecidas como as campás dos galegos, converténdose nun símbolo que une Galicia con Madrid a través da fe e do patrimonio cultural.

O secretario xeral destacou que estas campás “son un recordatorio sonoro da pegada que deixaron e seguen a deixar os galegos na historia e na vida madrileña”, e subliñou o valor destas iniciativas para “manter viva a identidade galega e fortalecer os lazos entre as comunidades galegas espalladas polo mundo”.

As campás galegas da Almudena, que repican desde hai máis de 25 anos, constitúen un exemplo da xenerosidade e do compromiso da colectividade galega coa súa terra de acollida, así como unha peza única do patrimonio relixioso e cultural da cidade de Madrid, recoñecida e valorada tanto polos madrileños como polos visitantes da Catedral.

O acto rematou coa actuación do músico, Amancio Prada.

370 lecturas