A Xunta convoca o programa 'Reencontros con Galicia' para que 200 galegos maiores do exterior poidan vivir a realidade da Galicia actual

O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 28 de maio, ata o vindeiro 27 de xuño.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración realiza esta iniciativa en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade que se desenvolverá entre o 6 e o 16 de outubro.

Os solicitantes deben ter cumpridos os 65 anos e non poden ter participado nos últimos cinco anos nos programas de viaxes organizados pola Secretaría Xeral da Emigración.

A Xunta convoca o programa 'Reencontros con Galicia' para que 200 galegos maiores do exterior poidan vivir a realidade da Galicia actual
A Xunta convoca o programa 'Reencontros con Galicia' para que 200 galegos maiores do exterior poidan vivir a realidade da Galicia actual
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 27 de maio de 2025.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación no programa Reencontros con Galicia destinadas as persoas maiores de 65 anos residentes en América, con 200 prazas co obxectivo de facilitar o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Esta iniciativa ten por finalidade, facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior un período de estancia —entre o 6 e o 16 de outubro— nas Residencias de Tempo Libre (RTL) dependentes da Consellería de Política Social e Igualdade en Panxón e no Carballiño de xeito que poidan achegarse ata a realidade galega e gozar de actividades de ocio e entretemento, potenciando, á vez, o contacto coas súas familias residentes en Galicia.

A Xunta farase cargo dos traslados dos participantes mediante o financiamento dos custos desde o seu lugar de orixe ata Galicia e dos do regreso. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos en Galicia e do seu aloxamento e manutención das persoas con escasos recursos económicos.

Detalles da convocatoria

O prazo de presentación de solicitudes, está aberto desde mañá 28 de maio e estenderase ata o vindeiro 27 de xuño. No momento da solicitude, as persoas que desexen participar deben ter cumpridos os 65 anos e non poden ter participado nos últimos cinco anos nos programas de viaxes organizados pola Secretaría Xeral da Emigración.

1053 lecturas