Miranda agradece o labor do novo equipo directivo do Centro A Estrada de Bos Aires, que está relanzando novamente esta entidade tras un período de pausa
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con José Manuel Besteiro, presidente do Centro Cultural Partido da Estrada de Bos Aires, no que analizaron as iniciativas desenvolvidas pola entidade para atraer ás novas xeracións e reforzar o seu papel como referente da galeguidade na capital arxentina.
Durante a reunión, Miranda agradeceu o traballo da directiva para dinamizar a entidade, incorporar novos socios, e potenciar unha programación social e cultural que contribúe á preservación da cultura galega entre os descendentes. “Agradezo ao Centro A Estrada de Bos Aires o seu impulso por revitalizar a vida social e cultural da colectividade galega, un labor clave para garantir o futuro da nosa presenza en Arxentina”, sinalou o secretario xeral.
Novas relacionadas




