A Delegada da Xunta en Uruguai participa en destacados actos culturais polo Día Internacional do Libro

  • A Delegada da Xunta en Uruguai participa en destacados actos culturais polo Día Internacional do Libro

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 5 de maio de 2025.

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, e a comunidade galega deste país participaron nunha serie de eventos culturais con motivo do Día Internacional do Libro para fortalecer os vínculos culturais entre Galicia e Uruguai. Na Casa de Galicia de Montevideo, o escritor compostelán Manuel Losa compartiu a súa experiencia como libreiro e autor comprometido coa memoria da emigración galega.

O Museo Figari foi o escenario da presentación da revista Alfareros, dirixida polo Dr. Pablo Eguren Casal. Este primeiro número, titulado Homenaxe a Galicia, inclúe unha crónica de Ramiro Bausero sobre o "fin do mundo", un artigo en galego de José Monterroso Devesa sobre "A poesía galega no Uruguai", e poemas da escritora Yolanda Castaño.

Finalmente, no Patronato da Cultura Galega de Montevideo presentouse a biografía Manuel de Amenedo Montenegro: un cura galego na revolución riopratense, escrita polo profesor Carlos Zubillaga. A obra rescata a figura deste sacerdote galego que participou activamente nos procesos independentistas do Río da Prata.

365 lecturas