A Xunta sinala o papel referente do Centro galego de Salamanca na preservación da cultura e das tradicións galegas en Castela e León

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo esta tarde unha reunión co presidente desta entidade, José Ignacio Paz, co obxectivo de continuar afondando nos lazos de colaboración coa colectividade galega.

Posteriormente, asistiu á inauguración da mostra ‘Galicia Paixón’, unha exposición fotográfica que se exhibe nas propias instalacións do centro.

  • A Xunta sinala o papel referente do Centro galego de Salamanca na preservación da cultura e das tradicións galegas en Castela e León
    A Xunta sinala o papel referente do Centro galego de Salamanca na preservación da cultura e das tradicións galegas en Castela e León
  • A Xunta sinala o papel referente do Centro galego de Salamanca na preservación da cultura e das tradicións galegas en Castela e León
    A Xunta sinala o papel referente do Centro galego de Salamanca na preservación da cultura e das tradicións galegas en Castela e León
Listen to this page using ReadSpeaker
Salamanca (Castela e León), 26 de abril de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo esta tarde unha reunión co presidente do Centro Galego de Salamanca, José Ignacio Paz, e outros membros da xunta directiva co obxectivo de continuar afondando nos lazos de colaboración con esta entidade referente da galeguidade en Castela e León, fundada en 1957.

Durante a visita, o conselleiro salientou a súa traxectoria persoal, profesional e, fundamentalmente no ámbito da galeguidade, ao fronte do Centro Galego de Salamanca, onde leva varias décadas impulsando con compromiso e decidación a cultura e lingua galegas en Castela e León. Ademais, puxo de relevo a súa participación activa no Consello de Comunidades Galegas, así como as súas constantes aportacións no seo da Comisión Delegada deste organismo, que dan mostra do seu firme compromiso coa defensa dos intereses da diáspora galega de todo o mundo.

Durante a visita, o conselleiro tamén puxo de manifesto o importante labor do Centro Galego de Salamanca na conservación e difusión da cultura galega, sinalando que actualmente conta con máis dun cento de socios e socias, un grupo folclórico e unha escola de música centrada na gaita. Posteriormente asistiu á inauguración da mostra Galicia Paixón, unha exposición fotográfica que amosa a potencialidade de Galicia como destino turístico  e que se exhibe nas propias instalacións da entidade.

González tamén lembrou que mañá o Centro Galego de Salamanca actuará como anfitrión na celebración do XXX Día de Galicia en Castela e León, un evento que terá lugar no Palacio de Congresos de Salamanca e que contará coa participación de grupos folclóricos e corais de distintos Centros e Casas de Galicia da comunidade, como Salamanca, Valladolid, Ponferrada, Miranda de Ebro e Burgos.

403 lecturas