A Xunta impulsa a tradición galega en Uruguai cunha masterclass de pandeireta e canto de Xabier Diaz á que asiste a Delegada da Xunta
A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á maxistral clase de pandeireta e canto impartida polo recoñecido artista galego Xabier Díaz no Centro Valle Miñor. O evento, que reuniu a unha ampla representación da colectividade galega, contou coa participación de pandereteiras de diversas entidades galegas do país, converténdose nunha experiencia didáctica e integradora para todos os asistentes.
A Xunta de Galicia reafirma así o seu compromiso coa preservación e promoción da cultura galega no exterior, apoiando iniciativas que fortalecen a identidade e o vínculo coa terra. A presenza de Xabier Díaz foi unha oportunidade única para compartir coñecemento, tradición e paixón pola música galega, enriquecendo o labor das entidades galegas e reforzando a transmisión do noso legado cultural ás novas xeracións.
Novas relacionadas





