A Delegada da Xunta en Uruguai participa no peche das conmemoracións do 145 Aniversario do Centro Galego de Montevideo
Montevideo (Uruguai), 5 de decembro de 2024.
A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, acompañou aos directivos do Centro Galego de Montevideo neste peche de conmemoracións do 145 Aniversario, tan especial, que destacou polo amor á cultura galega e a súa transmisión ás novas xeracións.
A triloxía de espectáculos de danza e música dos conxuntos da entidade culminou cunha emotiva presentación da escola de danza rexional galega. Durante o acto, os máis pequenos subiron ao escenario para recrear unha tradicional festa galega, ofrecendo ao público unha viaxe nostálxica que fixo revivir aos maiores, lembranzas da súa xuventude na terra e aos máis novos a conexión coas historias transmitidas nas reunións familiares.
Novas relacionadas




