A Delegada da Xunta en Uruguai acude á proxección do documental “Anduriña, muller de ida e volta” na Unión Hijos de Morgadanes

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 27 de novembro de 2024.

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou na proxección do documental “Anduriña, muller de ida e volta” na Unión Hijos de Morgadanes, unha produción de O Faiado Producións dirixida por Cristina Pascual. Esta peza recolle as testemuñas de quince mulleres do Concello de Maceda, que compartiron as súas vivencias como emigrantes e os retos que superaron durante a súa travesía de ida e volta entre Galicia e diferentes países.

Durante o acto, Domínguez destacou a importancia deste documental para manter viva a memoria da emigración galega e para poñer en valor a forza e a capacidade de adaptación destas mulleres fronte a retos como a soidade, a distancia ou a integración en novas culturas. Esta proxección forma parte dunha xira que levará a historia destas mulleres a máis de 50 centros galegos en todo o mundo, fortalecendo os vínculos entre os galegos do exterior e a súa terra de orixe.

422 lecturas