Miranda destaca a importancia das mulleres na historia da emigración galega na presentación do documental “Anduriña, muller de ida e volta”

Imaxe da presentación, no Museo do Pobo Galego, do documental “Anduriña, muller de ida e volta”
Imaxe da presentación, no Museo do Pobo Galego, do documental “Anduriña, muller de ida e volta”
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024.

A proxección do documental que recolle as historias de 15 mulleres de Maceda que emigraron nos anos 60 e 70 subliña os desafíos e a resiliencia das mulleres galegas. Durante a súa intervención, o secretario xeral da Emigración destacou a barreira do idioma, a soidade en países descoñecidos e a separación das súas familias como algúns dos principais retos que enfrontaron. As historias destas mulleres son un testemuño do espírito loitador e da fortaleza das galegas, que lograron contribuír ao desenvolvemento tanto dos seus países de acollida como das súas comunidades en Galicia.

O secretario xeral reafirmou o compromiso da Secretaría Xeral da Emigración coa comunidade emigrante, destacando os programas para ofrecer apoio e recursos aos galegos e galegas no exterior. Tamén invitou a reflexionar sobre as valiosas leccións que estas historias poden ofrecer ás novas xeracións de emigrantes e á sociedade en xeral, destacando a importancia de continuar apoiando ás e aos galegos do exterior e recoñecendo a súa contribución histórica e actual.

533 lecturas