O delegado da Xunta en Bos Aires celebra en Mar del Plata o Día da Hispanidade cun emotivo recoñecemento á comunidade galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 20 de outubro de 2024.

O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro asistiu na cidade de Mar del Plata aos actos de celebración do Día da Hispanidade, cunha ampla representación das autoridades locais e españolas. A celebración comezou coa tradicional recepción na Praza San Martín, onde se depositou unha ofrenda floral no monumento ao xeneral San Martín, seguida dun acto similar na Praza Colón.

No acto tamén tivo lugar a entrega do prestixioso premio "Quixote" a Francisco Solla Crespo, ex presidente do Centro Galego de Mar del Plata, como recoñecemento á súa traxectoria ao servizo da colectividade galega na cidade. Este acto simboliza a relevancia dos galegos en Arxentina e o compromiso das autoridades galegas coa súa comunidade no exterior.
 
485 lecturas