O delegado da Xunta en Bos Aires acompaña á colectividade na celebración do Día de Galicia e do 76º Aniversario do Centro Galego de La Plata

  • O delegado da Xunta en Bos Aires acompaña á colectividade na celebración do Día de Galicia e do 76º Aniversario do Centro Galego de La Plata

Listen to this page using ReadSpeaker
La Plata (Bos Aires), 14 de agosto de 2025.

O delegado da Xunta en Bos Aires participou na celebración do Día de Galicia e do 76º Aniversario do Centro Galego de La Plata, a entidade de referencia da colectividade galega na capital da provincia de Bos Aires e o único centro galego da cidade. O acto contou coa presenza do presidente da institución, Diego Pérez, así como do vicepresidente, do tesoureiro e do secretario, Gonzalo Coto, xunto co secretario do Consello de Residentes Españois en Bos Aires, Martín Mimendez, e autoridades municipais, que se sumaron a esta homenaxe á cultura e identidade galega.

Durante a xornada, o Centro Galego recibiu un recoñecemento especial por parte do Honorable Concejo Deliberante da cidade, que declarou de interese a actividade cultural “Homenaxeando as Cantareiras”, organizada pola entidade. La Plata, fundada en 1882 e con case un millón de habitantes, acolle unha importante comunidade galega que, a través deste centro, mantén vivas as tradicións e vínculos coa terra de orixe, converténdose nun espazo clave para a unión e proxección da galeguidade na Arxentina.

351 lecturas