O delegado da Xunta en Arxentina súmase ás celebracións da Hispanidade en Mar del Plata coa cultura como referente
O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou no Festival Artístico de España celebrado en Mar del Plata, acto que puxo o broche final á Semana da Hispanidade nesta cidade arxentina, unha das que concentra maior presenza española do país.
Durante o evento, no que tomaron parte os conxuntos de música e baile das distintas casas de España da cidade, o delegado estivo acompañado polo embaixador de España, Joaquín de Arístegui Laborde, e pola vicecónsul de España no Partido de General Pueyrredón, Claudia Álvarez Argüelles. López Dobarro destacou a importante labor destas entidades na preservación e difusión da cultura e tradicións das distintas comunidades españolas, e especialmente do Centro Galego de Mar del Plata, polo seu compromiso permanente coa promoción da identidade galega en Arxentina.
Novas relacionadas




