A Federación de Asociacións Galegas de Madrid peregrina a Santiago de Compostela

A Federación de Asociacións Galegas de Madrid peregrina a Santiago de Compostela
A Federación de Asociacións Galegas de Madrid peregrina a Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 26 de setembro de 2024.

A subdirectora de Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, recibiu na Praza do Obradoiro a un grupo de 20 representantes de distintas asociacións e entidades galegas en Madrid, que culminaron o Camiño de Santiago. Durante o encontro, a subdirectora destacou a importancia de manter vivas as tradicións e o sentimento de pertenza á terra natal, subliñando o papel fundamental que xogan estas entidades na conexión entre Galicia e os galegos fora de nosa terra.

Os participantes expresaron a súa emoción ao chegar a Santiago de Compostela tras percorrer o Camiño, simbolizando o esforzo colectivo por manter viva a cultura galega fóra de Galicia. A subdirectora agradeceu o traballo e a dedicación destas asociacións, que a diario contribúen a levar o nome de Galicia ao máis alto, e animou a todos a seguir fortalecendo os lazos que unen ás comunidades galegas do exterior coa súa terra de orixe.

462 lecturas