Os delegados da Xunta en Arxentina e en Uruguai informan aos participantes do programa "Conecta co Camiño" nunha reunión previa a súa chegada este venres a Galicia

Os delegados da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, e en Uruguai, Elvira Domínguez, mantiveron reunións previas cos participantes do Programa "Conecta co Camiño". Durante os encontros, ambos delegados ofreceron detalladas explicacións sobre as actividades e experiencias que vivirán en Galicia, resolveron dúbidas e fomentaron o espírito de grupo entre os participantes.
Os mozos que asistiron a estas reunións chegarán este venres a Galicia para comezar a súa participación no Programa. A iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago. As persoas participantes coñecerán a realidade da Galicia actual e moderna, e actuarán como embaixadores desta, nos países onde residen. Ademais, espérase que, ao coñecer Galicia, poidan considerar retornar a ela.
O programa desenvolverase a través do percorrido a pé por oito tramos galegos do Camiño de Santiago Portugués pola Costa ata Compostela. As persoas participantes tamén participarán en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vinculado á zona.
Novas relacionadas