Un evento cinematográfico único: Primeiro ciclo de cinema galego "Galicia é cine"
O ciclo "Galicia é cine" é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas.
Trátase dun ciclo de cinema con cinco longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se proxectaron en Londres, Caracas, Río Gallegos e Córdoba (Arxentina).
Imaxe da proxección do ciclo "Galicia é cine" en Córdoba (Arxentina)

Os días 29 e 30 de novembro, e o 1 de decembro, celebrouse con gran éxito en Córdoba (Arxentina) o primeiro ciclo de cinema galego, titulado "Galicia é cine". Este evento, unha xanela ao mundo do cinema galego, tivo lugar grazas ao apoio e a colaboración de varias entidades e persoas clave.
Un agradecemento especial á Fundación Araguaney - Puente de Culturas, cuxa acertada selección de películas enriqueceu notablemente o programa, ofrecendo ao público unha mostra representativa e de alta calidade do cinema galego.
O equipo do Centro Cultural España Córdoba, composto por Martín, Lucía, Andre, Gustavo e Santi, merece unha mención especial polo seu traballo excepcional. A súa dedicación e esforzo non só fixeron posible a realización deste ciclo, senón que tamén contribuíron a destacar o potencial da industria cinematográfica galega e a visibilizar a riqueza e o valor da nosa lingua.
Hai que agradecer a todas e todos os asistentes que se fixeron un espazo nas súas axendas para acompañarnos neste evento. A súa presenza e entusiasmo polo cinema galego foi unha fonte de inspiración e motivación para seguir promovendo a nosa cultura e arte.
Esperamos que este primeiro ciclo de cinema galego fose unha experiencia enriquecedora para todas e todos e servise para achegar aínda máis á comunidade galega e ao público en xeral ao fascinante mundo do cinema. Ata a próxima edición!
Novas relacionadas