Emigración e Fundación Araguaney presentan o novo programa Galicia é Cine nun vídeo resumo das películas que compoñen o ciclo

Presentación do ciclo 'Galicia é cine'
Presentación do ciclo "Galicia é cine"
Presentación de "Galicia é cine"
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez, presentan neste vídeo o novo programa Galicia é Cine,  que achegará o cine de maior éxito aos centros galegos do mundo, dende a Patagonia arxentina ata as rúas de Londres.

O obxectivo deste novo programa é dar a coñecer o cine feito en Galicia aos centros galegos, comezando por dous de Arxentina: Centro Cultural España de Córdoba e Centro Gallego de Río Gallegos; un de Reino Unido, o Centro Galego de Londres en colaboración co Instituto Español Cañada Blanch; e a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas. O ciclo está conformado por cinco filmes, que poderán comezar a verse a partir deste xoves no Centro Gallego de Río Gallegos en Arxentina: Cuñados, Matria, O que arde, A Esmorga, e Ons.

161 lecturas