As e os participantes no programa Reencontros con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración visitan a cidade da Coruña
O centenar de participantes no programa de Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración visitaron esta mañá a cidade da Coruña, coñecendo os principais monumentos e prazas, e percorreron o monte de San Pedro.
As e os participantes no programa Reencontros con Galicia proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de máis de 65 anos coa Galicia actual e cos seus e as súas familiares. Están aloxados na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e A Coruña foi o primeiro destino a percorrer durante estes dez días de estancia na comunidade autónoma. A Secretaría Xeral da Emigración ten como un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, así como manter os vínculos coa terra.
Novas relacionadas





