Miranda asiste á tradicional Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia celebrada nesta edición en Celanova (Ourense) e que reuniu a máis de 200 persoas

  • Imaxe da Xuntanza celebrada hoxe en Celanova
    Imaxe da Xuntanza celebrada hoxe en Celanova

Listen to this page using ReadSpeaker
Celanova (Ourense), 16 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Celanova (Ourense) á Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia que reuniu a máis de 200 persoas nos xardíns do Pazo a Fábrica de San Paio de Veiga.

Na tradicional xuntanza, o secretario xeral destacou a importancia da unión dos pobos, especialmente de aqueles nos que a colectividade galega ten unha gran presenza, como é o caso de Venezuela, facendo fincapé na importancia que Galicia tivo para a sociedade venezolana e viceversa, especialmente nestes intres nos que o retorno está a ser unha realidade para moitos galegos e galegas procedentes deste país. O obxectivo deste encontro de irmandade, que o ano pasado se celebrou no Carballiño, é manter a relación fraguada en Venezuela así como na Hermandad Gallega deste país despois de ter retornado a Galicia.

662 lecturas