Miranda reúnese cos representantes do Centro Gallego de México, comprometendo a presenza da Xunta de Galicia nalgunha das súas principais celebracións do primeiro semestre de 2023
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión coa directiva e o presidente do Centro Gallego de México, durante a visita que realizou á capital do país.
Durante o encontro, o secretario xeral da Emigración trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de estar presente nalgunha das grandes celebracións que ten previsto organizar esta entidade no primeiro semestre do ano 2023. Deste xeito, analizáronse as diversas actividades e proxectos que o centro galego da Cidade de México está xa a pechar de cara ao próximo ano, así como a situación da colectividade galega no país norteamericano.
Novas relacionadas




