Miranda mantén un encontro co emprendedor arxentino, descendente de galegos, Mateo Salvatto, no que analizaron os seus proxectos futuros en España
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Arxentina un encontro co emprendedor arxentino e descendente de galegos Mateo Nicolás Salvatto, no que analizaron os proxectos futuros en España deste experto en robótica e creador dunha aplicación que facilita a comunicación a persoas con dificultades na fala denominado ‘Háblalo’. Durante o encontro, o emprendedor fixo entrega ao secretario xeral da Emigración do seu primeiro libro, La Batalla del Futuro.
Salvatto trasladou a Miranda o seu amor por Galicia, de onde son orixinarios dous dos seus avós, e engadiu que precisamente España é o lugar onde está a poñer en marcha novas iniciativas empresariais. Na reunión estivo acompañado tamén do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, e do cónsul xeral de España en Bos Aires, Fernando García Casas.
Novas relacionadas