Miranda recibe ao tesoureiro do Centro Gallego de Santa Fe (Arxentina)

Miranda e Peiteado, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Miranda e Peiteado, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a José Peiteado, tesoureiro do Centro Gallego de Santa Fe (Arxentina), con quen analizou a situación actual deste país do Cono Sur, así como dos galegos e galegas que están a residir alí, tanto en relación ao avance da loita contra a covid como no eido da futura recuperación da actividade habitual da entidade.

Na reunión, que permitiu seguir a manter o contacto xa de xeito presencial co representante desta colectividade na Arxentina, tratouse precisamente o reinicio das actividades presenciais no Centro de Santa Fe de la Vera Cruz, que poderían ir avanzando xa durante o próximo mes de setembro, así como o ofrecemento de total colaboración por parte do colectivo para a promoción do Camiño de Santiago e do Xacobeo 21-22 entre a poboación desta provincia arxentina.

970 lecturas