Miranda recibiu á secretaria da Casa de Galicia en Nova York, coa que analizou a recuperación da actividade cultural desta entidade

Imaxe da reunión na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a Noelia Siaba, a secretaria da Unidade Galega dos EE.UU. de América - Casa de Galicia de Nova York, con quen analizou a recuperación da actividade cultural deste centro, paralizada durante varios meses pola pandemia e recentemente reiniciada. 

Na reunión, que permitiu seguir a manter o contacto xa de xeito presencial cos e coas membros da comunidade galega en Estados Unidos, tratouse tamén a recuperación da axenda de visitas da Secretaría Xeral á colectividade de Nova York, que podería concretarse para o próximo outono se a situación da pandemia segue a mellorar no país norteamericano.

500 lecturas