Fabiola García destaca o compromiso da Xunta co benestar dos galegos e galegas que viven no exterior

A conselleira de Política Social asinou un convenio de colaboración co Hogar Español de Ancianos de Montevideo, que ten arredor de 160 persoas usuarias.

O acordo garante a atención social e asistencial aos galegos e galegas no exterior que residen en Uruguai.

  • Fabiola García enmarcou este convenio no compromiso irrenunciable que o Executivo autonómico ten coa Galicia exterior
    Fabiola García enmarcou este convenio no compromiso irrenunciable que o Executivo autonómico ten coa Galicia exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (O Uruguai), 10 de decembro de 2018.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou, trala firma dun convenio de colaboración co Hogar Español de Ancianos de Montevideo, que a Xunta estará sempre ao carón das cidadás e os cidadáns galegos que viven no exterior para garantir o seu benestar. O obxectivo deste acordo, que ten un orzamento de 20.000 euros, é sufragar a atención social e asistencial que esta entidade presta aos galegos e galegas no exterior residentes na República Oriental do Uruguai. 

Fabiola García enmarcou este convenio no compromiso irrenunciable que o Executivo autonómico ten coa Galicia exterior. Neste caso trátase de proporcionar ás e aos galegos de Montevideo atención residencial e servizos de prevención sanitaria, incluídos os medicamentos e material de xeriatría que poidan precisar. Os destinatarios e desitinatarias deste acordo son tanto os emigrantes galegos e galegas como as e os seus descendentes ata o segundo grao, sendo colectivo prioritario de atención as persoas maiores.

Ademais, recoñeceu o traballo diario que desenvolve desde hai 60 anos o Hogar Español, que ofrece servizos sociais, hospitalarios e residenciais ás súas arredor de 160 persoas usuarias. No centro tamén se desenvolven actividades de terapia, habilidade e psicomotricidade ou deportivas, entre outras. Así mesmo, a conselleira indicou que este convenio é unha mostra máis do interese da Xunta en apoiar e reforzar os vínculos cos galegos e galegas que residen en Uruguai e afirmou que Galicia e este país comparten pasado, presente e tamén futuro a través das e dos galegos da diáspora.

563 lecturas