A Xunta garante a atención residencial das e dos 120 usuarios do Hogar Gallego para anciáns de Domselaar, en Bos Aires

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou hoxe un acordo de colaboración con esta entidade dedicada á atención social e asistencial das persoas maiores.

O convenio proporciona un avance no coidado e no benestar das galegas e galegos e das e dos seus descendentes que viven na Arxentina.

  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, ratificou o compromiso da Xunta de Galicia de garantir a atención residencial das usuarias e usuarios do Hogar Gallego
    A conselleira de Política Social, Fabiola García, ratificou o compromiso da Xunta de Galicia de garantir a atención residencial das usuarias e usuarios do Hogar Gallego

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (A Arxentina), 7 de decembro de 2018.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, ratificou o compromiso da Xunta de Galicia de garantir a atención residencial das usuarias e usuarios do Hogar Gallego para ancianos de Domselaar, en Bos Aires. Este centro conta con arredor de 120 residentes, das e dos cales en torno ao 40% son de orixe galega. A Administración autonómica e a entidade firmaron un convenio de colaboración cun orzamento de 10.000 euros que servirá para proporcionar unha mellora no seu servizo.

A conselleira explicou que deste acordo se beneficiarán tanto as  persoas emigrantes galegas como os seus e as súas descendentes, posto que o Hogar Gallego poderá mellorar a súa atención residencial, así como os servizos de prevención sanitaria, incluídos os medicamentos e material de xeriatría que poidan precisar. Así mesmo, destacou o importante traballo diario que realiza, un empeño que a levou a converterse nunha destacada entidade social galega na Arxentina.

Nesta liña, Fabiola García recordou que entre Galicia e Arxentina “hai un océano de por medio, pero tamén un fío invisible que fai que o voso corazón estea sempre unido a Galicia e a nosa mirada sempre pendente dos galegos que aquí residen”, e este convenio plasma a vontade do Goberno galego por manter esta unión.

709 lecturas