A Xunta eloxia o traballo dos centros galegos no exterior durante a celebración do Día de Galicia en Londres

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron nos festexos organizados polo Centro Galego da capital británica.

  • Os galegos e as galegas no exterior seguen conservando a lingua, as tradicións e os vínculos coa súa terra
    Os galegos e as galegas no exterior seguen conservando a lingua, as tradicións e os vínculos coa súa terra

Listen to this page using ReadSpeaker
Londres (Reino Unido), 25 de xuño de 2017.

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe nos festexos organizados polo Centro Galego de Londres con motivo da celebración do Día de Galicia na capital británica.

Ambos representantes da Xunta coincidiron en resaltar o importante traballo que desenvolven os centros galegos no exterior, e felicitaron de forma especial ao centro de Londres, un dos máis activos e dinámicos en todo o mundo e que celebra este ano o seu 50 aniversario.

Ademais, resaltaron os valores das galegas e os galegos no exterior, que seguen conservando a lingua, as tradicións e os vínculos coa súa terra, sen que iso sexa un impedimento para acadar unha integración plena nos países que os acollen.

Galegos e galegas no Reino Unido
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen actualmente no Reino Unido 13.092 galegas e galegos, dos que preto da metade xa naceron na diáspora.

1883 lecturas