Román Rodríguez salienta á Rosalía que loitou como muller, galega e cidadá

O conselleiro participou na homenaxe á escritora organizada na capital arxentina.

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na homenaxe colectiva organizada no Xardín dos Poetas da capital porteña a Rosalía de Castro
    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na homenaxe colectiva organizada no Xardín dos Poetas da capital porteña a Rosalía de Castro

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 6 de maio de 2017.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na homenaxe colectiva organizada no Xardín dos Poetas da capital porteña a Rosalía de Castro, co gallo da celebración do 180º aniversario do seu nacemento. O acto celebrouse xunto ao busto da escritora neste espazo e consistiu nunha ofrenda floral e na lectura de poemas rosalianos por parte das e dos persoeiros e autoridades asistentes. Non en balde, a homenaxe congregou neste parque o presidente da Academia Arxentina de Letras, José Luis Moure; o presidente da Sociedade Arxentina de Escritores, Alejandro Vaccaro; o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén; o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar; as escritoras Claudia Piñeiro e Inma López Silva e o alumnado do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol.

Durante a súa intervención o conselleiro sinalou a Rosalía como símbolo do pobo galego ás dúas beiras do Atlántico, a nosa poetisa máis representativa, emblemática e querida, muller valente e comprometida; e salientou a súa loita como muller, como galega e como cidadá pola liberdade, contra a inxustiza e no combate contra a concepción despectiva do termo galego. A este respecto lembrou que a estatua que honra á poetisa nese Xardín dos Poetas lembra que foi ela quen mellor soubo expresar o sentimento e o sufrimento de todo un pobo que tivo que emigrar en busca do sustento.

Román Rodríguez quixo agradecer o traballo que a colectividade galega en Arxentina desenvolve en prol da nosa cultura e, no caso concreto de Rosalía, entronizando a súa figura neste Xardín dos Poetas co devandito busto, que ten tras de si unha historia de entrega, de sacrificio e de fraternidade. Neste sentido, rematou a súa intervención salientando que a comunidade galega neste país é alicerce indispensable e sólida base do futuro de Galicia.

Esta homenaxe é o primeiro acto da programación da 43ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires, no que Galicia, como é habitual, ten mostrador propio. O acto comezou cunha interpretación musical e unha ofrenda floral e, tras as intervencións institucionais, continuou cun recital de diversos poemas rosalianos, tales como Era la última noche, ¡Silencio!, ¡Calade!, A xustiza pola man, Bos amores, Dor alleo n’é meu dor; entre outros, e un fragmento do prólogo de Cantares Gallegos.

Máis de 170.000
Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2017, na Arxentina residen arestora 172.948 paisanos e paisanas, dos cales 129.234 (o 74’72%) naceron xa no país de residencia, o que dá conta da importancia das segundas xeracións na Galicia do exterior, e da implicación dos galegos e galegas no estranxeiro na transmisión da cultura propia á mocidade xa nada na diáspora.

1081 lecturas