Miranda comprométese a visitar a colectividade galega de Canadá no primeiro trimestre do ano
A secretaria do Centro Galego de Montreal ofrece toda a colaboración da entidade para a promoción económica exterior de Galicia.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á secretaria do Centro Galego de Montreal, Beatriz Isabel Luna Rivas, quen ofreceu unha perspectiva das actividades da entidade e presentou a previsión dalgunhas das accións para o vindeiro ano. Miranda transmitiulle o compromiso de visitar esta entidade no primeiro trimestre do ano 2015, ao tempo que visitará outras colectividades galegas presentes no Canadá.
Luna Rivas tamén expuxo a Miranda a creación dun site novo do Centro, para o que solicitou a colaboración da web institucional da Secretaría Xeral da Emigración, e amosou o interese da colectividade galega que representa en participar activamente na proxección económica exterior de Galicia e na internacionalización dos produtos e servizos galegos.
Novas relacionadas




