Miranda visitará o Centro Cultural Galego de Cuxhaven nesta primavera para participar nas súas actividades de promoción de Galicia

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas a varios representantes do Centro Cultural Galego de Cuxhaven, a quen lles confirmou a súa próxima visita nesta primavera para participar nas súas actividades de promoción de Galicia entre a poboación desta cidade alemá.
 
Entre as e os asistentes á reunión atopábase María Rosa Sotelo López, referente da colectividade galega de Cuxhaven e expresidenta da entidade, quen agradeceu ao secretario xeral a súa implicación cos galegos e galegas de Alemaña e recordou que, entre outras actividades, desenvólvese nesta localidade o día de San Martiño, o Día de Galicia ou o Día das Letras Galegas. 

475 lecturas