A Casa de Galicia de Valladolid presentou a Miranda as actividades previstas para o seu LX aniversario

O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho ao vicepresidente da comunidade galega da capital castelá.

  • O secretario xeral da Emigración e o vicepresidente da Casa de Galicia en Valladolid durante a reunión desta mañá
    O secretario xeral da Emigración e o vicepresidente da Casa de Galicia en Valladolid durante a reunión desta mañá
  • O secretario xeral da Emigración e o vicepresidente da Casa de Galicia en Valladolid durante a reunión desta mañá
    O secretario xeral da Emigración e o vicepresidente da Casa de Galicia en Valladolid durante a reunión desta mañá
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao vicepresidente da Casa de Galicia de Valladolid, Fernando Harguindey, quen veu presentarlle as actividades previstas para os sesaxésimo aniversario da entidade, que ten lugar o vindeiro 23 de novembro.

Ao redor desa data terá lugar unha semana cultural, organizada pola propia Casa, na que, entre outras accións previstas, a comunidade galega e a de acollida poderán gozar de conferencias, exposicións e actuacións de índole musical, para as que o secretario xeral comprometeu a colaboración da Xunta.

A Casa de Galicia de Valladolid conta con medio milleiro de persoas asociadas, das que a metade son galegas e galegos de nacemento. Posúe un local social de tres plantas situado nunha zona céntrica da capital castelá, con sala de reunións, salón noble, salón de xogos, salón xuvenil (dotado con ordenadores interconectados e acceso á Rede), cafetería, cociña e comedor. Cómpre salientar a súa importante biblioteca con máis de 2.500 exemplares.

1243 lecturas