A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto do 70 aniversario da Casa de Galicia en Valladolid no marco da XXXVIII Semana Cultural.

José González subliñou que no 2025 a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración reforzará con 500.000 euros a promoción da artesanía e dos produtos galegos a través da rede de centros da colectividade no exterior.

Enxalzou o labor desta entidade a prol da difusión da cultura e tradicións galegas coas máis de 200 persoas socias e que contribúen a fomentar a irmandade entre Galicia e Castela e León a través das agrupacións de música e baile e o grupo de xuventude.

Destacou os vínculos entre a emigración galega en Castela e León como exemplo do que significa tender pontes entre pobos, levando a esencia de Galicia e enriquecendo á vez a terra de acollida.

  • A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade
    A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade
  • A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade
    A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade
  • A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade
    A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade
Listen to this page using ReadSpeaker
Valladolid (Castela e León), 24 de novembro de 2024.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou hoxe o apoio da Xunta aos proxectos e iniciativas dos centros e entidades galegas de fóra da comunidade para seguir fortalecendo os lazos da diáspora con Galicia. Nesta liña, subliñou que no 2025 a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración reforzará con 500.000 euros a promoción da artesanía e dos produtos galegos a través da rede de centros da colectividade.

Así o sinalou na Casa de Galicia en Valladolid durante o acto do 70 aniversario desta entidade, no que se entregaron as insignias de ouro e prata ás persoas socias pola súa dedicación e vínculo con esta entidade e con Galicia. Este evento coincide coa XXXVIII Semana Cultural, que organiza cada ano este centro e que inclúe distintas actividades como conferencias, concertos de música galega, exposicións de traxes rexionais, obradoiros e degustación de produtos galegos.

Alí, o conselleiro tamén enxalzou o labor desta entidade a prol da difusión da cultura e tradicións galegas coas máis de 200 persoas que son socias e que contribúen a fomentar a irmandade entre Galicia e Castela e León a través das agrupacións de música e baile e do grupo de xuventude, agradecendo en particular a implicación do presidente da Casa de Galicia en Valladolid, Antonio Barbosa.

Ademais, puxo de relevo a importancia eventos como o de hoxe e as visitas realizadas a centros de Arxentina, Uruguai, Suíza, Liechtenstein e tamén en Asturias, Euskadi ou Madrid, para seguir tendendo pontes e afianzar o compromiso coa comunidade galega no exterior, tanto nos distintos lugares de España como noutros países. 

Neste sentido, José González destacou a emigración galega en Castela e León como exemplo do que significa tender pontes entre pobos, levando a esencia de Galicia e enriquecendo á vez a terra de acollida.

334 lecturas