Miranda recibe ao presidente da Casa de Galicia en Valladolid na súa viaxe anual á comunidade, na que participou medio cento de socias e socios

Miranda e Barbosa, no despacho de este en Santiago de Compostela
Miranda e Barbosa, no despacho de este en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Casa de Galicia en Valladolid, Antonio Barbosa, co que mantivo un breve encontro durante a viaxe que realiza a entidade galega na capital castelá todos os anos, de seis días de duración. A excursión, á que asistiu medio cento de socias e socios do centro, centrou este ano o seu percorrido na provincia da Coruña. Santo André de Teixido, A Coruña, Cee, Fisterra, Corcubión e a comarca do Barbanza son algúns dos lugares que visitaron as e os integrantes do grupo. A Casa de Galicia en Valladolid conta con máis de sesenta anos de antigüidade e preto de 300 familias asociadas.

715 lecturas