A Colección Orinoco da Fundación Cisneros preséntase por primeira vez en España no Museo Centro Gaiás

A mostra de arte étnica máis importante de Latinoamérica estará aberta ao público ata o 12 de xaneiro de 2014 na Cidade da Cultura de Galicia.

Tras viaxar durante trece anos por algunas das institucións culturais máis importantes de Alemaña, Francia, Suiza, República Checa, Finlandia, Suecia, Rusia, Dinamarca ou Eslovenia e recibir máis de sete millóns de visitantes, "Orinoco. Viaxe a un mundo perdido" chega a Santiago de Compostela.

O Gaiás ofrece unha homenaxe excepcional á tradición cultural das doce etnias que habitan o Amazonas venezolano, unha inmersión no chamado “Mundo Perdido”.

  • 'Orinoco. Viaxe a un mundo perdido' poderá verse no Gaiás ata xaneiro de 2014. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
    "Orinoco. Viaxe a un mundo perdido" poderá verse no Gaiás ata xaneiro de 2014. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Máscara mono. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Máscara mono. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Cerro Autana. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Cerro Autana. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Mulleres Yanomami. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Mulleres Yanomami. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Conxunto pezas. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Conxunto pezas. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Morteiro funerario. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Morteiro funerario. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Plumas. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Plumas. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Vivenda Ye´kuana. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Vivenda Ye´kuana. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
  • Vista xeral. Foto:  Cidade da Cultura de Galicia
    Vista xeral. Foto: Cidade da Cultura de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas, 24 de maio de 2013.

A prestixiosa Colección Orinoco da Fundación Cisneros, unha das mostras máis representativas do mundo etnográfico latinoamericano, exhibirase no Museo Centro Gaiás, en Santiago de Compostela, Galicia, dende o 27 de maio ata xaneiro de 2014. A mostra chega a por primeira vez a España tras un exitoso percorrido polas institucións culturais máis prestixiosas de Alemaña, Francia, Suíza, República Checa, Finlandia, Rusia, Dinamarca e Eslovenia.

Baixo o título Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, a exposición, organizada en forma conxunta entre a Fundación Cisneros/Colección Patricia Phelps de Cisneros (FC/CPPC) e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, presentará ao público aproximadamente 1.500 pezas das doce etnias que habitan na conca do río Orinoco, Yanomami, Ye'kuana (Makiritare), De'áruwa (Piaroa), Híwi (Guahibo), Hoti, Bare (Baré), Warekena (Guarequena), Tsase (Piapoco), E'ñepa (Panare), Wakuenai (Curripaco), Baniwa (Baniva), Puinave.

A exposición invita ás e aos visitantes a internarse nunha das rexións máis inaccesibles e máxicas do planeta, presentándolles máscaras, cestaría, adornos corporais, instrumentos musicais, plumarios, canoas, remos e instrumentos de pesca, obxectos de uso cotián e máxico-relixiosos, que están construídos con materiais da selva, partes de animais, plantas e minerais, e que foron organizados en tres ambientes: crenzas e rituais, natureza e vida cotiá, para mostralo así á e ao espectador o hábitat e a forma de vida destes grupos indíxenas.

A mostra inclúe dúas coleccións fotográficas: as imaxes de González Niño e as de Charles Brewer Carías, que permiten ampliar a visión dos espectadores e das espectadoras sobre o mundo expresado pola Colección Orinoco. Ademais da proxección de documentais está prevista unha sección multimedia que poderán consultar as e os interesados en www.orinoco.org, a cal ofrecerá importantes recursos didácticos. Tamén haberá un espazo para a exhibición de pezas procedentes de institucións e museos de Galicia vinculadas á realidade fluvial galega, centradas na descrición da pesca e da navegación, con interesantes pezas como embarcacións ou artes de pesca, e outras.

Durante máis de 30 anos, a Fundación Cisneros recompilou mostras da artesanía, os utensilios e outros artefactos da vida diaria destas poboacións indíxenas. A este substancial esforzo sumouse a adquisición das coleccións do etnógrafo Edgardo González Niño e, posteriormente, de Walter Coppens. Todo iso é o resultado da misión que a Colección Orinoco estableceu como o seu marco de actuación: ademais de protexer e preservar obxectos que botan luz sobre a vida das tribos indíxenas, proponse espertar a conciencia internacional sobre pobos e culturas cuxa existencia están en situación de risco.

Acerca da Colección Orinoco
Guiada polo amor á Amazonía venezolana, a familia Cisneros forxouse como misión a recompilación -a través de máis de 30 anos de expedicións polo Amazonas- do maior número de exemplos recentes e antigos da artesanía, os utensilios e outros artefactos da vida diaria de poboacións indíxenas arredor do río Orinoco. Este esforzo foi completado coa adquisición das coleccións do etnógrafo Edgardo González Niño e, posteriormente, a de Walter Coppens. Así, a misión da Colección Orinoco é protexer e preservar os moitos obxectos que botan luz sobre a vida dos grupos indíxenas, espertar a conciencia internacional dos pobos, a súa cultura e as ameazas á súa existencia. Isto lógrase a través do desenvolvemento de exposicións -realizadas en colaboración con institucións internacionais- e programas dedicados ao estudo, a conservación e a educación. A colección viaxou durante os últimos trece anos por algunhas das institucións culturais máis prestixiosas de Alemaña, Francia, Suíza, República Checa, Finlandia, Rusia, Dinamarca, Eslovenia e España.

Acerca da Fundación Cisneros
A Fundación Cisneros é unha institución privada sen fins de lucro, fundada por Patricia Phelps de Cisneros e Gustavo A. Cisneros, e actualmente presidida por Adriana Cisneros de Griffin, cuxa misión é mellorar a educación en América Latina e fomentar o coñecemento global acerca das contribucións da rexión á cultura mundial. Actualmente, as principais iniciativas educativas da Fundación Cisneros son: Colección Patricia Phelps de Cisneros (CPPC), e Actualización de Mestres en Educación (AME). A través destes innovadores programas, implementar en diversos países latinoamericanos mediante alianzas locais e estratéxicas, a Fundación Cisneros traballa para fortalecer o tecido social, promover a liberdade de expresión e o pensamento democrático, impulsar o progreso económico e afianzar o entendemento entre as nacións. Estas iniciativas están enmarcadas dentro da visión de Responsabilidade Social Empresarial da Organización Cisneros, orientada a fomentar o desenvolvemento sostible e crear capital social en América Latina.

 

Fonte: Organización Cisneros

2273 lecturas