Vinte e tres anos de traballo na Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay
Co gallo de tal data celebrouse tamén o primeiro «Día do Emprendedor Galego no Uruguai».
Vinte e tres anos de duro traballo son os que leva a Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (A.E.G.U.) velando polos intereses deste colectivo no país sudamericano. E por ese motivo decidiu celebrar o primeiro «Día do Emprendedor Galego no Uruguai».
O presidente do organismo, Jorge Expósito, quixo renovar o compromiso que mantén a asociación con Uruguai, e aproveitou unha data de celebración tan especial como o «Día do Emprendedor Galego en Uruguai» para facelo.
No transcurso do acto -e vía video conferencia cos e coas representantes da USC- o presidente da A.E.G.U., Jorge Expósito, e a citada Universidade de Santiago de Compostela anunciaron un Proxecto de Cooperación entre ambas as dúas institucións, noticia pola que mostraron a súa satisfacción tanto as autoridades españolas presentes (asistiu o embaixador de España en Montevideo, o galego Roberto Varela) como uruguaias.
Foto: A.E.G.U.
Novas relacionadas




