Uruguai rende homenaxe ás emprendedoras e emprendedores galegos

Listen to this page using ReadSpeaker

Asociación de Empresarios Gallegos del UruguayA Homenaxe ás emprendedoras e emprendedores galegos en Uruguai foi un dos últimos eventos do ano dentro da programación da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguai (AEGU). O acto intégrase dentro das actividades que forman parte da celebración do bicentenario do Proceso de emancipación oriental, que se conmemora durante este ano.

O coloquio tivo lugar na sala Vale-Inclán do Centro Gallego de Montevideo e estivo centrado na análise da contribución da comunidade galega no tecido empresarial do país. A charla contou coa presenza do profesor Carlos Zubillaga, escritor, historiador e director do Centro de Estudos Galegos (CEGAL), que destacou a importancia do traballo das galegas e dos galegos e a súa contribución ao desenvolvemento do país. Tamén estiveron no evento o delegado da Xunta na capital, Manuel Barros; o xefe da oficina laboral, Carlos Cortón; e o presidente do Centro Galego, Jorge Torres Cantalapiedra, entre outras autoridades presentes.

O acto concluíu coa experiencia de dous recoñecidos empresarios con raíces galegas que contaron como foron os seus inicios no país e a súa traxectoria profesional ao longo dos anos.

792 lecturas