Sétima participación do MEGA en ”La Noche de los Museos”

O próximo sábado 10, entre as 20,00 h. e as 3,00 h. da madrugada.

  • Cartel 'La Noche de los Museos 2012'
    Cartel "La Noche de los Museos 2012"
  • Público asistente no MEGA
    Público asistente no MEGA
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 7 de novembro de 2012.

O Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) participará por sétimo ano consecutivo de "A Noite dos Museos", tradicional celebración que mobiliza miles de persoas por toda a Capital Federal, e que organiza a Dirección Xeral de Museos dependente do Ministerio de Cultura do goberno porteño.

Con entrada libre e gratuíta, o próximo sábado 10 de novembro, entre as 20,00 h. e as 3,00 h. da madrugada, desenvolverase esta novena edición, que abranguerá ao redor de 200 museos e espazos culturais (estatais e privados), que abrirán ao público as súas salas de exposición, ofrecendo visitas guiadas e unha interesante diversidade de propostas artísticas.

Nese contexto, o MEGA (integrante dun circuíto cultural xunto a outras entidades do barrio de San Telmo) ofrecerá actividades complementarias como a actuación da Banda de Gaitas e Grupo de Baile Duas Beiras, as agrupacións Coral Semente, Coro de Cámara Municipal de Lomas de Zamora, o Grupo de Baile UN0, e a participación do dúo musical integrado por Eduardo Fuentes (guitarra e saxo alto) e Martín Cedrola (intérprete), que ofrecerán obras de Carlos Guastavino.

Tamén se desenvolverán xogos e entretementos para difundir e coñecer o idioma galego, narraranse contos de autores e autoras galaicos e hispanoamericanos na Biblioteca, ao tempo que un grupo de palilleiras mostrará a súa tradicional técnica de tecido a palillo.

Na Sala Antonio Soto, exhibiranse documentais alusivos á temática da emigración galega e tamén a curtametraxe Rianxeira del Plata, de Valeria Rowinski Surribas, que será acompañada pola presentación dunha breve mostra plástico-fotográfica complementaria.

Todas estas actividades efectuaranse con entrada libre e gratuíta

 Máis información en www.lanochedelosmuseos.gob.ar.

 

Programación:

  • 20,00 h. - Apertura

-Banda de Gaitas e Grupo de Baile Duas Beiras - Profesor José Lema
 PB hall central

-Palilleiras tecido a palillo - Sra. Inés Fernández
 Demostración en vivo da antigua técnica de tecido a palillo
 PB patio cuberto

  • 20,30 h.

-Visita guiada: colección permanente – A cargo do Dr. Ruy Farías
 PB e 1º piso: salas do museo

  • 21,00 h.

-Coral Semente da Federación de Asociaciones Gallegas
 Música de las dos Galicias - Directora: Viviana García
 Salón Airiños 2º piso

  • 21,30 h.

-Narración de contos Gallego, lectura aberta
 Biblioteca Galega de Bos Aires “Antonio Pérez-Prado” 1º piso

-Dúo musical: Martín Cedrola (intérprete) e Eduardo Fuentes (guitarra e saxo alto) 
 Obras de Carlos Guastavino
 Salón Airiños 2º piso

  • 22,00 h.

-Achaiva Da Ponte  Música de Galicia y otros barrios celtas
 Teatro Bambalinas – Chacabuco 947

  • 22:30 hs.

-Grupo de Baile UNO – Profesor: Oscar Cobos Martínez
 UNO, tradición de danza de Galicia traída a la contemporaneidad
 Teatro Bambalinas – Chacabuco 947

-Xogo e entretemento “Apuesta por el gallego”
 Biblioteca Galega de Bos Aires “Antonio Pérez-Prado” 1º piso

-Coro de Cámara Municipal de Lomas de Zamora - Directora: Viviana García
 Música argentina y de otros pagos no tan cercanos
 Salón Airiños 2º piso

  • 23,30 h.

-Banda de Gaitas e Grupo de Baile Duas Beiras - Profesor José Lema
 PB hall central

  • 00,00 h.

-Visita guiada: colección permanente – A cargo do Dr. Ruy Farías
 PB e 1º piso: salas del museo

  • 00,30 h.

Cine en el MEGA: curtametraxe Rianxeira del Plata, de Valeria Rowinski Surribas  
Sala Antonio Soto 1º piso

  • 01,00 h.

-Visita guiada: colección permanente – A cargo del Dr. Ruy Farías
 PB e 1º piso: salas do museo

  • 01,30 h.

-Cine no MEGA: Galicia  foto-documental
 Sala Antonio Soto 1º piso

  • 02,00 h.

Viño de honor

867 lecturas