Encontro Coral na Federación

Festexando o 90º aniversario, o próximo sábado 27, dende as 17,30 h.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no marco das múltiples actividades culturais programadas polas celebracións do seu 90º aniversario, invita a comunidade a participar do Encontro Coral que se desenvolverá o próximo sábado 27 de agosto, dende as 17,30 h., no Salón Airiños, situado no segundo piso de Chacabuco 955, da Cidade Autónoma de Bos Aires.

Participarán destes festexos, o Coro Armonía Vocal da Asociación Tuy e Salcelda, baixo a dirección de Pablo Zarman; a Agrupación Coral Lembranzas de Cambados, dirixida por Elena Rey; e o Coro da Asociación Residentes de Vigo, a cargo da directora Milagros Feijóo.

Anfitrións desta especial celebración, serán os e as integrantes da Coral Semente, dirixida pola profesora Viviana García, que prepararon novos temas para incorporar ao seu xa nutrido repertorio.

Para máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse á sede da institución (Chacabuco, 947-955 C.A. de Bos Aires), de luns a venres, de 17 a 21,00 h., ou ben comunicarse ao teléfono 4300 1790

1266 lecturas