Feijóo: “Os galegos somos un pobo cunha faciana pétrea, cheo de sentimento pero ao mesmo tempo dotado dunha fortaleza insuperable”

O presidente da Xunta presidiu onte a inauguración da mostra "Gallaecia Pétrea", que conta a historia de Galicia mediante a pedra.

Destaca a participación de 91 entidades e 76 profesionais e investigadores e investigadoras na organización da mostra que dá comezo ás actividades do Museo da Cidade da Cultura.

  • O presidente da Xunta na inauguración de 'Gallaecia Petrea'. Foto: Conchi Paz.
    O presidente da Xunta na inauguración de "Gallaecia Petrea". Foto: Conchi Paz.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2012.

“Os galegos somos un pobo cunha faciana pétrea, cheo de sentimento pero ao mesmo tempo dotado dunha fortaleza insuperable”, con estas palabras referiuse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a inauguración onte da mostra Gallaecia Pétrea, ao vencello que existe entre a pedra e Galicia e as galegas e os galegos. “Sen ela, dificilmente podería entenderse esa teima por perpetuarnos malia todas as dificultades. Non pode resultar estraño que a pedra estea presente na nosa conciencia colectiva para simbolizar a forza e a continuidade, xa que vemos nela un elemento capaz de vencer aos elementos máis adversos”, aseverou.

Feijóo subliñou que, entre os petróglifos e as esculturas de Asorey; entre os dolmens e unha obra de Francisco Leiro, Silverio Rivas ou Manolo Paz; entre o faro de Hércules e a muralla de Lugo; entre a Catedral de Santiago e a Ponte Romana de Ourense; entre a Basílica de Santa María e o Castro de Vigo; entre o Castelo de San Felipe e calquera ermida de calquera das nosas parroquias, hai un vencello indiscutible, “xa que son etapas da continuidade do país que naceu xeoloxicamente hai 350 millóns de anos en Campodola; trátase de respostas en pedras a diferentes momentos da nosa presenza no mundo. Galicia é a mesma grazas a que se transforma”.

Deste xeito, o titular da Xunta afirmou que a pedra envía unha mensaxe que queda ben patente nesta mostra: “Estamos de novo nun mundo convulso, con incertezas non moi diferentes das que tiveron que afrontar os galegos doutros tempos. Coma eles, precisamos de dúas ferramentas para superalas: fidelidade ao noso e capacidade de innovación. A pedra adopta distintas formas, para ser refuxio, defensa ou ornamento. O noso país require tamén de decisión para coller o testemuño dos antergos, preservalo, axeitalo e transmitilo”.

Logo de salientar que a mostra Gallaecia Petrea cóntanos unha historia de Galicia mediante a pedra, asegurou que esa historia abre hoxe un capítulo novo coa apertura do Museo da Cidade da Cultura. “Estamos reafirmando aquí que Galicia non se detén. Sabemos acompasar o paso dos nosos desexos ás difíciles circunstancias que nos rodean. Tan erróneo é deixar que un anhelo de grandiosidade nos faga esquecer a necesaria austeridade, como afogar iniciativas que nos proxectan no presente e no futuro”, dixo.

Feijóo referiuse ás palabras pronunciadas pola Súa Alteza Real o Príncipe de Asturias, pronunciadas na inauguración oficial do complexo, a Cidade da Cultura de Galicia é algo "sereno, estimulante e renovador", para asegurar que serenidade, estímulo e renovación seguirán guiando ao Goberno galego para darlle contido, “e que sexa un espazo de apoio á difusión da obra dos creadores galegos no pasado e a de todos aqueles que, agora e no futuro –na escritura, nas artes plásticas, escénicas ou no audiovisual- seguen a engrandecer a nosa cultura propia”.

Feijóo concluíu a súa intervención destacando a participación de 91 entidades e 76 profesionais e investigadores e investigadoras na organización da mostra para lograr que a e o visitante dialogue coa pedra e vexa nela unha compoñente da súa identidade.

1404 lecturas