O Secretario Xeral da Emigración asinará catro convenios de asistencia socioasistencial en Venezuela
O secretario xeral da Emigración visitará Caracas e Valencia.
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asinará en Venezuela catro convenios para cubrir as necesidades socioasistenciales das galegas e os galegos en Venezuela.
O xoves, día 31, a partir das 19,30 horas na Hermandad Gallega de Caracas, o responsable de Emigración da Xunta de Galicia ten previsto asinar tres convenios para cubrir as necesidades socioasistenciales das e os galegos en Venezuela que, nos últimos tempos, viron como un cambio de normativa do país os deixou nunha situación de desprotección.
En concreto está previsto un convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela para cubrir as necesidades socioasistenciales; outro coa Fundación Española de Emigrantes Dependentes de servizo de axuda a domicilio que fai un tarefa moi importante coas persoas que teñen menos información e están fóra dos centros asistenciais e un terceiro, en colaboración co Consorcio Galego de Benestar, para cooperar co mantemento do Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela.
Ao día seguinte, venres 1 de xuño, o secretario xeral desprazarase a Valencia para asinar coa Hermandad Gallega de Valencia un acordo para, tamén en colaboración co Consorcio Galego de Benestar, axudar ao mantemento do Centro de Día.
Novas relacionadas



