«Cartoon Digital» sitúa a Galicia como o centro de desenvolvemento na animación dixital

Durante tres días, Santiago de Compostela convertirase na capital mundial da animación dixital coa celebración de Cartoon Digital, un seminario europeo de formación sobre os últimos avances nesta técnica e no entretenimento interactivo no que participarán 80 profesionais procedentes de todo o continente. Patrocinado por Xacobeo 2010 e a Xunta de Galicia, o Hostal dos Reyes Católicos acollerá esta cumbre da animación entre os próximos 20 e 22 de abril.

Listen to this page using ReadSpeaker

Os seminarios estarán impartidos por 21 figuras de recoñecido prestixio dentro do mundo da animación dixital (19 conferenciantes e 2 moderadores), procedentes de España, Alemania, Reino Unido, Francia e Canadá. As xornadas están dirixidas a profesionais entre os que se encontran productores e directores de estudio, de desenvolvemento, de animación 3D, canais, inversores ou empresas de novos medios, entre outros. Iniciaranse o próximo martes, 20 de abril, a partir das 09.00 horas, cunhas palabras de benvida aos asistentes, tras as cales se procederá ao desenvolvemento dos seminarios, aos que asistirán 80 profesionais procedentes de países como Malta, Polonia, Bélgica, España, Rumanía, Chipre, Hungría, Reino Unido, Francia, Italia ou Alemania, entre outros. Por iso, os seminarios contarán coa traducción simultánea en inglés, francés e español.

O futuro pasa pola animación

A celebración de Cartoon Digital enmarcase nunha época na que a sociedade está sumerxida nos avances dixitais, que se producen case cada día. A maioría dos estudos auguran que a maneira na que o público accede, paga e consume medios de entretenimento seguirá cambiando de forma espectacular no próximo lustro, con avances como a aparición de televisións con conexión a internet, receptores dixitais e videoconsolas que poden proporcionar contidos de difusión e de banda ancha nunha única pantalla. Así, xa é posible disfrutar do mando a distancia de televisión á carta, vídeo baixo demanda, programas interactivos ou redes sociais, posibilidade extensible aos teléfonos móviles. Outro gran cambio, sen duda, é o «encendido» dixital, que chegou xa a dous tercios dos fogares europeos. Calculase que España farase completamente dixital ao longo deste ano.

Por outra parte, ao longo do ano pasado, lanzaronse en Europa máis de 245 novos canais de televisión e cerraronse 220 servizos. Ao mesmo tempo, o segundo xénero predominante nos novos lanzamentos foi o infantil, con 17 novos canles. Na actualidade existen 224 canles dedicados aos máis pequenos en Europa.

Evidentemente, todos estos cambios están traendo consecuencias sobre os productores de animación, negociadores de dereitos e empresarios. Por iso, é necesario coñecer as novas costumbres de consumo da audiencia, que sepan qué plataformas e redes sociais deben ser utilizadas para a distribución de programas de animación e de qué forma se poden integrar televisión, internet e telefonía móvil para desenvolver unha estratexia a tres pantallas.

Como moderadores dos distintos seminarios estarán Manuel Cristóbal, director xerente da productora galega Perro Verde Films e presidente da Asociación Española de Produtores de Animación, e o francés Christophe Erbes, consultor de medios internacionais centrados nas estratexias de contido, ademáis de escritor, baixo pseudónimo, de libros para nenos, así como de cine de animación.

1910 lecturas