Miranda recorda, na súa visita á Hermandad Gallega de Venezuela, a próxima convocatoria das axudas económicas individuais de Emigración

O secretario xeral da Emigración destacou que este ano incrementaranse arredor dun 30% as axudas sociais de carácter individual cara aos galegos e galegas do exterior en situación de precariedade económica.

  • O secretario xeral da Emigración, na visita á Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
    O secretario xeral da Emigración, na visita á Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas

Anuncio das Axudas Económicas Individuais 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 16 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou, durante a súa visita á Hermandad Gallega de Venezuela, a próxima convocatoria das axudas económicas individuais do departamento que dirixe, de cara a que as e os posibles beneficiarios estean atentos a súa publicación.

O máximo responsable do departamento autonómico explicou que este ano “incrementaremos arredor dun 30% as axudas sociais de carácter individual dirixidas aos galegos do exterior”.

Tal e como recordou Miranda, o obxectivo destas axudas é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria.  

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica. Trátase dunha axuda de pago único.

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

329 lecturas