Emigración axuda a máis de 100.000 galegas e galegos do exterior en situación de vulnerabilidade económica e social na pasada lexislatura

O prazo para solicitar as axudas económicas individuais deste ano remata o luns 25 de marzo.

Axudas Económicas Individuais - SXE
Axudas Económicas Individuais - SXE
Axudas económicas individuais 2024 a galegos e galegas residentes no exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024.

A Secretaria Xeral da Emigración destinou na pasada lexislatura máis de 13M€ do seu orzamento para apoiar a máis de 30.000 familias galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade económica e social.

A nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade, publicada no mes de xaneiro, conta este ano cun orzamento de preto de 4 millóns de euros, un 15% máis que o ano anterior. O prazo para solicitar as axudas económicas individuais desta convocatoria remata o luns 25 de marzo.

O obxectivo destas axudas é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de miles de familias galegas do exterior que se atopan nunha situación económica precaria.

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.

Trátase dunha axuda de pago único á que o departamento destina cada ano unha parte importante do seu orzamento.

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

392 lecturas